xoves, 26 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO: ÁNGELA RUIZ ROBLES.

 Novembro é o mes da CIENCIA EN GALEGO,  a nivel centro e dende a biblioteca propúxose unha actividade de INVESTIGACIÓN (premede na palabra se queredes ter máis información) 


Na nosa clase a persoa seleccionada foi ÁNGELA RUIZ ROBLES.

O primeiro que fixemos foi buscar imaxes dela, para que se fixeran unha idea de como era, falamos de que viviu hai xa moito tempo, de feito naceu en 1895.

Unha vez consultadas varias páxinas como foi a Galipedia, e a páxina de MUJERES CON CIENCIA , obtivemos os primeiros datos e información sobre ela.


Por outra banda no libro, "Pioneiras galegas que abriron camiño, 2", tamén se recolle información sobre ela e unha "caricatura".Publicado por Xerais. 


Aprendemos cousas dela coma que: naceu na provincia de León, pero pasou a maior parte da súa vida en Ferrol ( na provincia da Coruña), que foi mestra, e que estaba preocupada polo peso que o seu alumnado levaba nas mochilas, polo que decidiu facilitarlles o traballo..

Tamén foi unha muller un tanto "revolucionaria" no seu tempo, xa que daquela o papel da muller non era o que é agora, e con todo isto, escritora, e o que nos trae hoxe aquí: INVENTORA.

Inventou e patentou o que sería o prototipo do que hoxe coñecemos como "e-book" ou libro dixital.

Con forma de maleta, no que se podían intercambiar os contidos.

Aquí tedes unha fotografía de Ángela co seu invento máis coñecido:

Fonte: mujeres con ciencia.

Fonte: mujeres con ciencia

  

CON CIENCIA: RTVE 


sábado, 21 de novembro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: " ADIVINA CUANTO TE QUIERO "

 Outro dos contos da nosa hora de ler, que lles gustou moito ( aínda que algúns xa o coñecían)  é Adivina cuanto te quiero ( premede se queredes ver a ficha técnica do libro) publicado pola editorial KÓKINOS


Despois de contalo , falamos sobre o "querer", quen nos quere, a quen queremos, canto queremos, se nos gustan os "mimos" ou non.. e saíron cousas moi interesantes.

Aquí vos queda o conto narrado por se o queredes ver con eles na casa.


domingo, 8 de novembro de 2020

OS AMIGOS DO 10

 Estes días en matemáticas ( ABN) estamos traballando " os amigos do 10", este  breve conto "rimado" resulta moi ilustrativo sobre o tema:


A idea é traballar as distintas formas de combinar 2 números para que sumen 10, senon non poden ir á festa. (1 e 9, 2 e 8, 3 e 7, 4 e 6, 5 e 5, 10 e 0) 

Como somos uns grandes recolectores de "landras" das que hai no patio, tiñamos un montón para practicar, asique cada quen colleu 10 landras ( e contou que fosen 10)

E despois pedinlles que fixesen 2 grupos co mesmo número ( reparatir para 5 e 5), e que puxesen 6 nun grupo a ver cantas quedaban no outro ( 6+4), e así fosen observando os xeitos de agrupar 2 cantidades para chegar a dez.

Aquí vos quedan unhas poucas fotos, do concentrados e concentradas que estaban. 

      



Posteriormente fixeron agrupacións libres, e houbo quen fixo 5 grupos de 2 landras.... 

E para finalizar a sesión,  fixemos unha ficha para afianzar os coñecementos adquiridos.
 Que a maioría resolveu sen ningún tipo de dificultade.

E agora que xa teñen clarísimo que o signo (+) é para xuntar, unir, despois de traballar cos LEDS.. xa son uns expertos e expertas en sumar!!!!!

A miña recomendación: seguide practicando na casa, podedes usar 10  lentellas, garavanzos, ou mesmo fabas , que manipulen e practiquen , é o mellor xeito de entender as cousas... 

A evolución desta actividade, interiorizados os "amigos do 10" sería buscar outros agrupamentos que tamén sumen 10.