domingo, 8 de novembro de 2020

OS AMIGOS DO 10

 Estes días en matemáticas ( ABN) estamos traballando " os amigos do 10", este  breve conto "rimado" resulta moi ilustrativo sobre o tema:


A idea é traballar as distintas formas de combinar 2 números para que sumen 10, senon non poden ir á festa. (1 e 9, 2 e 8, 3 e 7, 4 e 6, 5 e 5, 10 e 0) 

Como somos uns grandes recolectores de "landras" das que hai no patio, tiñamos un montón para practicar, asique cada quen colleu 10 landras ( e contou que fosen 10)

E despois pedinlles que fixesen 2 grupos co mesmo número ( reparatir para 5 e 5), e que puxesen 6 nun grupo a ver cantas quedaban no outro ( 6+4), e así fosen observando os xeitos de agrupar 2 cantidades para chegar a dez.

Aquí vos quedan unhas poucas fotos, do concentrados e concentradas que estaban. 

      



Posteriormente fixeron agrupacións libres, e houbo quen fixo 5 grupos de 2 landras.... 

E para finalizar a sesión,  fixemos unha ficha para afianzar os coñecementos adquiridos.
 Que a maioría resolveu sen ningún tipo de dificultade.

E agora que xa teñen clarísimo que o signo (+) é para xuntar, unir, despois de traballar cos LEDS.. xa son uns expertos e expertas en sumar!!!!!

A miña recomendación: seguide practicando na casa, podedes usar 10  lentellas, garavanzos, ou mesmo fabas , que manipulen e practiquen , é o mellor xeito de entender as cousas... 

A evolución desta actividade, interiorizados os "amigos do 10" sería buscar outros agrupamentos que tamén sumen 10.






Ningún comentario:

Publicar un comentario