Amosando publicacións coa etiqueta LIBROS QUE CONTAN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LIBROS QUE CONTAN. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de novembro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: " ADIVINA CUANTO TE QUIERO "

 Outro dos contos da nosa hora de ler, que lles gustou moito ( aínda que algúns xa o coñecían)  é Adivina cuanto te quiero ( premede se queredes ver a ficha técnica do libro) publicado pola editorial KÓKINOS


Despois de contalo , falamos sobre o "querer", quen nos quere, a quen queremos, canto queremos, se nos gustan os "mimos" ou non.. e saíron cousas moi interesantes.

Aquí vos queda o conto narrado por se o queredes ver con eles na casa.


sábado, 10 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: " O GATO LAMBÓN"

  Este é outro dos contos protagonistas da nosa "hora de ler"  .

"O gato lambón" é un libro de Oliveiro Dumas, publicado por Kalandraka .

Cóntanos a historia dun gato , moi moi moi lambón que come todo o que atopa no seu camiño.

É un conto "sumativo", no que se van encadeando as distintas persoaxes da historia.

E agora que estás aquí.. voute comer a tiiiii!!!!!!!

Deixámosvos unha adaptación do conto que fixeron no Cole de Cea.


mércores, 7 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: "LA VACA QUE SUBIÓ A UN ÁRBOL"

 Antes de comezar co conto, todos e todas dixeron... que nunca viran unha vaca nunha árbore... que como ía subir, que as patas non se dobran.... e un montón de cousas máis.


Este conto de Genma Merino, publicado por PICARONA  gustoulles moitíiiiiiiismo.

Conta a historia dunha vaca, Tina, que non é coma as demais, que lle gusta investigar, explorar e descubrir cousas novas... e de como conseguir as cousas que te propós...



venres, 2 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN... " EL BURRITO VERDE"

Este foi o conto co que inauguramos a "hora de ler" deste curso...
Cóntanos a historia dun "burrito" ó que so lle gusta comer herba... e tanta herba comeu... que...

Con este conto ademais de traballar as cores, e os distintos tipos de alimentos, tamén podemos traballar con eles e elas o importante que é ter unha alimentación variada...

Este conto gustoulle tanto á profe de Inglés , que tamén ela o traballou co alumnado.

Deixámosvos a ficha técnica deste conto:

"EL BURRITO VERDE" de Anuska Allepuz, publicado por Andana Editorial.




martes, 14 de abril de 2020

Con motivo da celebración do día do LIBRO o próximo día 23 de ABRIL , dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos propoñervos unha actividade para que participedes todos e todas:  profesorado, alumnado e familias. 



Podedes ser creativos/as e botarlle imaxinación e o formato que queirades, ou se preferides, adxuntamos dous modelos :

 Un para ED. INFANTIL e 1º e 2º de Primaria:  premede  AQUÍ!

Outro para 3º, 4º, 5, 6º e adultos: premede AQUÍ! 

Animádevos a participar. Tedes ata o día 23 de abril. GRAZAS!!!!!







domingo, 16 de decembro de 2018

PREPARANDO O NADAL: CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Estase achegando o Nadal, esta semana estivemos falando sobre iso, e sobre o que lle imos pedir ós Reis, a Papá Noel ou ó Apalpador.   E non faltaron panxoliñas  e bailes...

Falamos tamén da decoración de Nadal, e dunha das cores máis importantes nestas datas:
  O VERMELLO.   ( Pintamos unha bóla de Nadal desa cor, con pintura de dedos) 


De todos os contos con temática de Nadal, traballamos específicamente este:
Fonte da imaxe: www.kalandraka.com

E miramos varias veces este vídeo sobre o conto que elaboraron no CEIP Coirón Dena :

          

luns, 19 de novembro de 2018

AS CORES DO OUTONO: COCORICO. AMARELO

Seguimos traballando as cores do outono. Desta volta comezamos a falar do amarelo. E para introducir a cor, nada mellor que ver o conto de COCORICO

O venres comezamos a ver esta historia , pero non nos deu tempo de rematala...



E tamén escoitaremos a canción do conto!!!!! 


A nosa versión de "Cocorico"

luns, 5 de novembro de 2018

CORES DO OUTONO: CHOCOLATA

Aproxímase o magosto, tempo de castañas... que son marróns.. unha das cores do outono.

Esta semana imos traballar un pouco sobre a cor marrón, sobre o magosto, as castañas, as follas... e hoxe para introducirnos na materia miramos o conto de CHOCOLATA , unha hipopótama grande e de cor  marrón á que lle apeteceu ir dar un paseo pola cidade xa que descubriu que hai unha casa de baño que pode estar moi ben... ou iso cre ela...




E acó vos queda a canción do conto: 

xoves, 1 de novembro de 2018

SAMAÍN: CORRE CORRE , CABACIÑA

Onte visionamos o vídeo deste conto. Xa que era o día do Samaín e ademais estamos traballando a cor laranxa, os froitos do outono, e en especial as cabazas.

O conto de "Corre corre, Cabaciña" (premede no título  se queredes ver a ficha técnica) é moi axeitado e divertido para estas datas e para ED. INFANTIL.
Aquí vos queda o enlace o conto por se o queredes ver na casa con eles e elas outra vez:

                  


Tamén vos deixo a canción do conto:
                

martes, 30 de outubro de 2018

SAMAÍN: O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO

Hoxe celebramos o Samaín no cole. Houbo exposición e concurso de monstros, tamén houbo xogos divertidísimos e dúas cancións para animar a festa, cun magnífico mestre de cerimonias que foi o profe Michel.

A nivel de aula houbo dúas actividades que quería resaltar.
A primeira que estes días estivemos escoitando a canción do Samaín de Paco Nogueiras

Aquí vos queda a canción por se a queredes escoitar :

              

E por outra banda contamos O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO.
No que o ratiño nos vai contando todas as cousas que lle asustan, lle dan medo ou lle producen desacougo. 
Se queredes saber algo máis deste magnífico conto a nivel de texto e ilustración premede aquí.

Fonte: editorial  PATASdePeixe

domingo, 14 de outubro de 2018

DINOSAURIO BELISARIO

A pasada semana contamos na clase dúas veces este conto da Editorial Kalandraka

Na páxina da editorial atopamos esta pequeno " resumo" do libro:
     "Belisario era un feroz dinosaurio verde, brando, gordo, enorme, e vestía un uniforme gris-marrón de militar que usaba para mandar.    
Belisario era o terror en todo o mundo arredor." 
Fonte da imaxe: http://www.kalandraka.com/ga
Resumindo:   Belisario era un "mandarica" que se portaba mal con todos os animais e facíalles  trasnadas...  Cría que era o máis poderoso do mundo... 
E chegou o día en que os animais se fartaron e decidiron non xogar con el ó parchis ( a Belisario encántalle xogar ó parchis)

A partir deste libro traballamos o feito de que non podemos impoñer ós demais o que nós queremos, ( hai que dialogar sempre)  e ademais hai que tratar ós demais con respecto para que nos traten a nós igual...
De como nos sentimos cando alguén non nos trata ben ou quere que fagamos algo que non nos gusta, e que da igual ser o máis poderoso do mundo, que se te portas mal cos demais... chegará o momento no que ninguén vai querer xogar contigo...

Se queredes saber algo máis sobre este conto en verso , premede aquí en FICHA TÉCNICA DO LIBRO .