Amosando publicacións coa etiqueta MAIÚSCULAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAIÚSCULAS. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2020

CONSELLOS PARA TRABALLAR COAS MAIÚSCULAS


Unhas pequenas recomendacións se estades traballando as letras cos vosos fillos e fillas.




É importante tamén que collan ben o lapis, eles xa saben , como fan os "paxariños"

E aquí vos quedan 4 fichas moi moi básicas ( en branco e negro),
para que vos fagades unha pequena idea,
podedes imprimilas ou simplemente facer vós a vosa versión.
Pintar o debuxo,  e polo outro lado escribir palabras que comecen por esa letra, para facer listas.
Se pode ser que debuxen algo que comece por esa letra..
Premede para ir ó documento PDF:

mércores, 18 de marzo de 2020

REPASANDO O ABECEDARIO...

Este curso,  ademais de coñecer as letras dos nosos nomes,  estamos coñecendo outras letras coma
as dos días da semana, ou do vocabulario que estamos traballando...
( Especialmente dos Superheroes!!!!) 

Polo de agora estamos achegándonos ás letras  so en maiúscula,  para poder asociar as letras ós sons
( conciencia fonolóxica) na aula traballamos coas palabras relacionadas cos contidos que estamos a traballar.

Esta canción do Abecedario, gústanos moooito.




Déixovos un conto  , narrado pola fantástica contadora  Beatriz Montero no que hai animais
 para todas as letras, e rimas para todos os animais...




Para practicar podedes escribir os vosos nomes, e que vos axuden cos do resto da familia, buscar palabras que empecen pola inicial do voso nome, copiar algunha palabra, con axuda, ou escribir os nomes das cousas que tedes ó voso redor, facer listas de palabras que comecen por algunha letra ...

Premede na imaxe para poder ir ós distintos xogos do ABECEDARIO 

( a maioría están en "html" polo que seguramente dende un teléfono móbil non se poidan utilizar, recomendables dende un PC , portátil ou tablet)










E xa sabedes, con todas as cousas que tedes a man podedes aprender e repasar!!!