Este curso, ademais de coñecer as letras dos nosos nomes, estamos coñecendo outras letras coma
as dos días da semana, ou do vocabulario que estamos traballando...
( Especialmente dos Superheroes!!!!)
as dos días da semana, ou do vocabulario que estamos traballando...
( Especialmente dos Superheroes!!!!)
Polo de agora estamos achegándonos ás letras so en maiúscula, para poder asociar as letras ós sons
( conciencia fonolóxica) na aula traballamos coas palabras relacionadas cos contidos que estamos a traballar.
( conciencia fonolóxica) na aula traballamos coas palabras relacionadas cos contidos que estamos a traballar.
Esta canción do Abecedario, gústanos moooito.
Déixovos un conto , narrado pola fantástica contadora Beatriz Montero no que hai animais
para todas as letras, e rimas para todos os animais...
Para practicar podedes escribir os vosos nomes, e que vos axuden cos do resto da familia, buscar palabras que empecen pola inicial do voso nome, copiar algunha palabra, con axuda, ou escribir os nomes das cousas que tedes ó voso redor, facer listas de palabras que comecen por algunha letra ...
Premede na imaxe para poder ir ós distintos xogos do ABECEDARIO
( a maioría están en "html" polo que seguramente dende un teléfono móbil non se poidan utilizar, recomendables dende un PC , portátil ou tablet)
( a maioría están en "html" polo que seguramente dende un teléfono móbil non se poidan utilizar, recomendables dende un PC , portátil ou tablet)
E xa sabedes, con todas as cousas que tedes a man podedes aprender e repasar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario