Amosando publicacións coa etiqueta FESTA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FESTA. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de marzo de 2020

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO/XANEIRO/FEBREIRO

O pasado venres día 28 celebramos os aniversarios correspondentes ós meses de : decembro, xaneiro e febreiro.
 Desta volta os homenaxeados foron: Alejandro, Asier e Tania.

 Fixeron unha tarta que estaba riquísima. E os seus compañeiros/as decoraron as coroas que levaron ese día.  
Ademais fixéronlle un agasallo ó resto dos nenos e nenas da clase que lles encantou!!!!!!!! 
 Aquí tedes unhas poucas fotografías do momento, para que vexades o concentrados que estaban na elaboración da tarta. Moitos parabéns para Alejandro, Asier e Tania, que xa teñen 5 anos!!!


mércores, 4 de decembro de 2019

ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

O pasado venres celebramos os aniversarios de CARLOS, YAIZA E ÁNGEL.

Os máis pequechos da clase, que cumpriron os 4 anos nos meses de setembro, outubro e novembro.

Fixeron unha torta que estaba riquísima, mentres o resto da clase decoraba as súas coroas con "gomets"

Deron boa conta da torta, dos "gusanitos" e ademais trouxeron un pequeno agasallo para cada un dos nenos e nenas da clase. 

Pasárono xenial. Moitos parabéns para eles..



E aquí vos quedan unhas poucas fotos do evento: