Amosando publicacións coa etiqueta MUSIQUEANDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MUSIQUEANDO. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xaneiro de 2019

AS VOGAIS


O trimestre pasado traballamos a primeira das vogais, a A e despois de subir e baixar montañas, todos e todas sabemos cal, é a letra A e como facela.

Este trimestre tentaremos coñecer as 5 vogais a través de cancións, xogos e palabras que comecen por esas 5 letras. Tamén traballaremos a grafomotricidade para aprender tamén a escribilas.

Acó vos quedan algunhas das cancións e vídeos  que estamos escoitando :






Deixovos tamén ó link a un xogo sobre as  vogais para practicar un pouco.
Premede na imaxe:

 

E por último, quedan as fichas que estamos traballando sobre as vogais, 
asociadas a un animal:


venres, 14 de setembro de 2018

"MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR"

 Onte tamén escoitamos esta magnífica  canción de Magin Blanco  que lles gustou moitísimo
pero é que ademais o vídeo deixounos fascinados/as...


Cóntanos a historia dun neno  que esperta pola mañá e prepara as cousas para ir ó cole  
(erguerse con son dos paxariños, preparar a mochila,  ducharse, almorzar, ....)
pero é un pouquiño despistado e esquece o bocadillo...



     

mércores, 12 de setembro de 2018

BENVIDAS E BENVIDOS


Hoxe é un día moi importante, comezamos o curso, na clase de 3 anos.

Comeza unha andaina na educación "reglada" na que tentaremos desfrutar, aprender,compartir, xogar, divertirnos, e medrar.

Bos días!!!