Amosando publicacións coa etiqueta ED. INFANTIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ED. INFANTIL. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de outubro de 2020

CODE WEEK: XOGANDO COS LEDS EN EDUCACIÓN INFANTIL







 Nestas datas celébrase a semana da programación, unha escolma de actividades relacionadas coa programación ( robótica, STEAM, scratch, actividades desconectadas..) compoñen un mapa por toda Europa.

Alumnado de todas as idades e diferentes países conflúe nestas datas ( e posteriores) nun mapa de actividades.

Na clase de 5 anos tamén participamos, con dúas actividades, unha que xa estamos desenvolvendo: "Xogando cos LEDs en ED. Infantil" (se premedes poderedes ver a nosa actividade no mapa)

E outra relacionada coa robótica e os escornabots, que desenvolveremos posteriormente.


Coa actividade "xogando cos LEDs en ED. Infantil" pretendemos que o alumnado se familiarice con este material, entenda como acender un led cunha pila de botón ( esta parte potencia a súa motricidade fina, e ademais encantoulles) e por outra banda introducimos o concepto positivo ( +) e negativo(-)


Encantoulles poder acender eles sos un led, e alumar...



      


Para que o a enerxía flúa precisamos que todo estea colocado correctamente, o positivo
 co positivo(+)  e o negativo o negativo (-).

Despois de iniciarnos , fixemos un pequeno circuito con fío de cobre para que entenderan que é coma a luz da aula, que se acende e se apaga co interruptor, que fai que a electricidade flúa ata o seu destino.





Foi unha actividade totalmente gratificante para eles e elas. Traballamos a atención, a motricidade fina, razoamento lóxico... 

Ademais na casa, tamén houbo quen elaborou o seu propio circuito para acender unha bombilla e tróuxoo á clase para ensinarnos e explicarnos como o fixo con axuda de papá!! .



Seguiremos informando!!





luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTA SEMANAL ED INFANTIL

Deixámosvos unha nova proposta semanal para o alumnado de ED. INFANTIL.

Premede na imaxe para acceder á proposta.

E lembrade que se queredes compartir con nós algunha das propostas, enviádenolas a: xuvefoto@gmail.com

BOA SEMANA E ÁNIMO.


sábado, 14 de decembro de 2019

XUVE E O NADAL: NEVADIÑOS DE NADAL

Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!

Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...

O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.

Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.

Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.

Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!



XUVE E O NADAL: QUIVER

Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.

A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.

No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...

Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!

Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.



domingo, 13 de outubro de 2019

VENDIMA DE ED. INFANTIL!!!!

O pasado xoves día 10 as 3 clases de ED. INFANTIL xuntámonos para facer a nosa particular vendima.

Pedímoslles ás familias do noso alumnado se podían traer algunhas uviñas para poder machucalas e facer o noso propio mosto. Que como falamos non ten aínda alcohol ( xa que o fermento non fixo o seu traballo) e os nenos e as nenas poden bebelo.

Preparámonos e traballamos sobre a vendima, sobre o proceso, pintamos uvas, punzámolas, contámolas e cortámolas para traballar a vendima en todos os ámbitos.

Acó vos queda o enlace ó vídeo de Garnachica que tanto nos gusta.



Tamén vos deixamos unhas poucas fotos do evento. Agardamos que vos gusten.


                                  Pasámolo xenial!!!!! QUE VIVA A NOSA VENDIMA!!!

sábado, 1 de xuño de 2019

PARABÉNS PARA BRAIS, DANIEL E JESÚS.

O venres día 31 celebramos os aniversarios correspondentes ó alumnado que cumpriu anos nos meses de: marzo/abril e maio :  BRAIS, DANIEL E JESÚS. 

Os protagonistas fixeron a torta, mentres os demais decoraron as coroas e despois a comer a torta!!
Ademais os protagonistas trouxeron un agasallo para cada un dos nenos e nenas da clase , que lles encantou.
Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento:


Moitos parabéns!!!  

luns, 1 de abril de 2019

1 DE ABRIL: LUIS SEOANE ( DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019)

Hoxe día 1 de abril conmemórase o día das ARTES GALEGAS.
O homenaxeado deste ano é LUIS SEOANE.

As clases de ED. Infantil estamos traballando sobre a arte e a figura de Luis Seoane.

Hoxe voltamos reunirnos para aprender cousas novas sobre el e sobre a arte.

Acó vos deixamos unha pequena presentación da súa vida




Tamén dous vídeos sobre a súa obra:








luns, 18 de marzo de 2019

QUE É UN MUSEO?

En ED. Infantil imos facer un PDI  (Proxecto Documental Integrado) en relación ó día das ARTES GALEGAS 2019

Para introducir o tema, o primeiro que temos que facer é saber que é un museo.

Para iso, despois de preguntar se alguén sabía que era e non obter moita seguridade na resposta visionamos dous vídeos:


                              


                               

E por último esta pequena presentación elaborada por nós cunhas pequenas nocións do que podemos atopar nun museo:

                              

Para comezar esta actividade conxunta, tivemos unha sesión as tres aulas, na biblioteca do centro, na que falamos, compartimos as nosas impresións previas e tentamos explicar : que é un museo.. que podemos atopar nel... dun xeito divertido.