Amosando publicacións coa etiqueta OUTONO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OUTONO. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de outubro de 2020

Estamos no outono..

Aquí vos queda un dos vídeos que máis nos gusta mirar no outono..



E tamén dúas das cancións relacionadas coa estación na que estamos, que escoitamos en clase:


O OUTONO XA SE ACERCA 




O OUTONO- UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA 


mércores, 7 de novembro de 2018

ACTIVIDADES LIM: XA ESTAMOS NO OUTONO!

Seguimos traballando o tema do outono, e hoxe xogamos con este xogo LIM, que compartiron dende a Escola de Barciela .
 AÍnda que algunhas cousas son un pouco complicadas para nós, os puzzles e xogos de parellas si somos capaces de facelos na pizarra dixital. ( E encántanos) 

Acó vos queda o enlace por se queredes practicar  e xogar na casa:



luns, 5 de novembro de 2018

CORES DO OUTONO: CHOCOLATA

Aproxímase o magosto, tempo de castañas... que son marróns.. unha das cores do outono.

Esta semana imos traballar un pouco sobre a cor marrón, sobre o magosto, as castañas, as follas... e hoxe para introducirnos na materia miramos o conto de CHOCOLATA , unha hipopótama grande e de cor  marrón á que lle apeteceu ir dar un paseo pola cidade xa que descubriu que hai unha casa de baño que pode estar moi ben... ou iso cre ela...




E acó vos queda a canción do conto: 

luns, 1 de outubro de 2018

A VENDIMA

A imaxe é do debuxante e caricaturista Luis Dávila



Chegou o outono, e entre os froitos do outono atopamos as uvas.
No comedor do noso colexio xa comemos uvas de sobremesa nalgunha ocasión.

Hai un vídeo marabilloso que se pode ver no MUSEO DO VIÑO da D.O Campo de Borja,
 sobre todo o proceso da vendima e fabricación do viño.
A protagonistaé unha uva do tipo  garnacha, chamada "Garnachica".

Acó vos queda o vídeo.

      

luns, 24 de setembro de 2018

CHEGOU O OUTONO

Aínda que co cambio climático, as estacións do ano cada vez diferéncianse menos... estamos oficialmente no Outono.

Hoxe vimos esta curta de animación sobre a historia dunha folla e unha landra... Encantounos!!!!

Agardamos que vos guste tanto coma a nós.