Amosando publicacións coa etiqueta COUSAS DA CLASE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COUSAS DA CLASE. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de setembro de 2018

CHEGOU O OUTONO

Aínda que co cambio climático, as estacións do ano cada vez diferéncianse menos... estamos oficialmente no Outono.

Hoxe vimos esta curta de animación sobre a historia dunha folla e unha landra... Encantounos!!!!

Agardamos que vos guste tanto coma a nós.


sábado, 22 de setembro de 2018

NORMAS DE CLASE.

En  ED.Infantil é importante establecer unhas normas, hábitos e rutinas 
para o bo funcionamento da aula.

Imos marcar moito as NORMAS. En especial estas:



venres, 14 de setembro de 2018

"MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR"

 Onte tamén escoitamos esta magnífica  canción de Magin Blanco  que lles gustou moitísimo
pero é que ademais o vídeo deixounos fascinados/as...


Cóntanos a historia dun neno  que esperta pola mañá e prepara as cousas para ir ó cole  
(erguerse con son dos paxariños, preparar a mochila,  ducharse, almorzar, ....)
pero é un pouquiño despistado e esquece o bocadillo...



     

mércores, 12 de setembro de 2018

BENVIDAS E BENVIDOS


Hoxe é un día moi importante, comezamos o curso, na clase de 3 anos.

Comeza unha andaina na educación "reglada" na que tentaremos desfrutar, aprender,compartir, xogar, divertirnos, e medrar.

Bos días!!!