mércores, 1 de abril de 2020

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL AUTISMO


Este ano , baixo o lema: " Podo Aprender. Podo Traballar"



Dende o colexio decidimos sumarnos a esta conmemoración, compartindo e participando  nesta iniciativa proposta dende ARASAAC




ACTUALIZACIÓN: ALGUNHAS FAMILIAS ENVIÁRONNOS FOTOS DOS SEUS PAPAVENTOS E DOS SEUS MURAIS:


luns, 23 de marzo de 2020

A MOVERNOS UN POUQUIÑO!!

Dende o equipo de ED. Infantil, a profe Marta (profe de Psicomotricidade para todo o ciclo) elaborou esta pequena escolma de vídeos con actividades de movemento para o alumnado.

Tedes que premer no seguinte texto, que vos levará a recopilación, na que terdes que premer nos debuxos para que vos leve ás actividades.

 ↓↓↓↓↓↓↓↓↓



mércores, 18 de marzo de 2020

REPASANDO O ABECEDARIO...

Este curso,  ademais de coñecer as letras dos nosos nomes,  estamos coñecendo outras letras coma
as dos días da semana, ou do vocabulario que estamos traballando...
( Especialmente dos Superheroes!!!!) 

Polo de agora estamos achegándonos ás letras  so en maiúscula,  para poder asociar as letras ós sons
( conciencia fonolóxica) na aula traballamos coas palabras relacionadas cos contidos que estamos a traballar.

Esta canción do Abecedario, gústanos moooito.




Déixovos un conto  , narrado pola fantástica contadora  Beatriz Montero no que hai animais
 para todas as letras, e rimas para todos os animais...




Para practicar podedes escribir os vosos nomes, e que vos axuden cos do resto da familia, buscar palabras que empecen pola inicial do voso nome, copiar algunha palabra, con axuda, ou escribir os nomes das cousas que tedes ó voso redor, facer listas de palabras que comecen por algunha letra ...

Premede na imaxe para poder ir ós distintos xogos do ABECEDARIO 

( a maioría están en "html" polo que seguramente dende un teléfono móbil non se poidan utilizar, recomendables dende un PC , portátil ou tablet)










E xa sabedes, con todas as cousas que tedes a man podedes aprender e repasar!!! 




martes, 17 de marzo de 2020

8M: Contacontos con Uxía González Moran

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.


Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.



Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.



Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)


                         




E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!







luns, 16 de marzo de 2020

Traballamos os números ata o 10

       Aquí vos quedan unha serie de recursos e recomendacións para seguir traballando sobre o tema: A pasada semana aprendemos a xogar  "ó cinquillo" xa que é un xeito moi divertido de organizarse, e contar os números do 1 ó 10, dende o 5 ( regresivo e progresivo)




Se tedes unha baralla de cartas na casa ( aínda que non sexa xigante coma a que temos en clase) podedes botar unhas partidiñas con eles, para que practiquen.

Tamén podedes contar cantidades de cousas, e despois repartilas en partes iguais entre dous ou ters ( que dean xusto sempre), agrupar fabas, e despois repartilas, pedirlles que conten unha cantidade e despois asocien á grafía, que practiquen escribindo números, podedes facer un bingo cos números ata o 10, o que se vos ocorra...


Tamén vos deixo o enlace a cancións relacionadas con números: dende o 0 ata o 10 premede en : CANCIÓNS DOS NÚMEROS 

Déixovos tamén un par de xogos para practicar numeración , grafía e cantidade:

Premede na imaxe para ir ó xogo















Agardo que vos sexan útiles, tamén podedes escribirlles os números ata os 10 e que os copien para traballar a grafía, botádelle imaxinación.


domingo, 1 de marzo de 2020

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO/XANEIRO/FEBREIRO

O pasado venres día 28 celebramos os aniversarios correspondentes ós meses de : decembro, xaneiro e febreiro.
 Desta volta os homenaxeados foron: Alejandro, Asier e Tania.

 Fixeron unha tarta que estaba riquísima. E os seus compañeiros/as decoraron as coroas que levaron ese día.  
Ademais fixéronlle un agasallo ó resto dos nenos e nenas da clase que lles encantou!!!!!!!! 
 Aquí tedes unhas poucas fotografías do momento, para que vexades o concentrados que estaban na elaboración da tarta. Moitos parabéns para Alejandro, Asier e Tania, que xa teñen 5 anos!!!


sábado, 14 de decembro de 2019

XUVE E O NADAL: NEVADIÑOS DE NADAL

Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!

Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...

O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.

Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.

Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.

Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!



XUVE E O NADAL: QUIVER

Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.

A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.

No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...

Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!

Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.