Novembro é o mes da CIENCIA EN GALEGO, a nivel centro e dende a biblioteca propúxose unha actividade de INVESTIGACIÓN (premede na palabra se queredes ter máis información)
Na nosa clase a persoa seleccionada foi ÁNGELA RUIZ ROBLES.
O primeiro que fixemos foi buscar imaxes dela, para que se fixeran unha idea de como era, falamos de que viviu hai xa moito tempo, de feito naceu en 1895.
Unha vez consultadas varias páxinas como foi a Galipedia, e a páxina de MUJERES CON CIENCIA , obtivemos os primeiros datos e información sobre ela.
Por outra banda no libro, "Pioneiras galegas que abriron camiño, 2", tamén se recolle información sobre ela e unha "caricatura".Publicado por Xerais.
Aprendemos cousas dela coma que: naceu na provincia de León, pero pasou a maior parte da súa vida en Ferrol ( na provincia da Coruña), que foi mestra, e que estaba preocupada polo peso que o seu alumnado levaba nas mochilas, polo que decidiu facilitarlles o traballo..
Tamén foi unha muller un tanto "revolucionaria" no seu tempo, xa que daquela o papel da muller non era o que é agora, e con todo isto, escritora, e o que nos trae hoxe aquí: INVENTORA.
Inventou e patentou o que sería o prototipo do que hoxe coñecemos como "e-book" ou libro dixital.
Con forma de maleta, no que se podían intercambiar os contidos.
Aquí tedes unha fotografía de Ángela co seu invento máis coñecido:
Fonte: mujeres con ciencia. |
Fonte: mujeres con ciencia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario