Amosando publicacións coa etiqueta CONTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONTOS. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de novembro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: " ADIVINA CUANTO TE QUIERO "

 Outro dos contos da nosa hora de ler, que lles gustou moito ( aínda que algúns xa o coñecían)  é Adivina cuanto te quiero ( premede se queredes ver a ficha técnica do libro) publicado pola editorial KÓKINOS


Despois de contalo , falamos sobre o "querer", quen nos quere, a quen queremos, canto queremos, se nos gustan os "mimos" ou non.. e saíron cousas moi interesantes.

Aquí vos queda o conto narrado por se o queredes ver con eles na casa.


sábado, 10 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: " O GATO LAMBÓN"

  Este é outro dos contos protagonistas da nosa "hora de ler"  .

"O gato lambón" é un libro de Oliveiro Dumas, publicado por Kalandraka .

Cóntanos a historia dun gato , moi moi moi lambón que come todo o que atopa no seu camiño.

É un conto "sumativo", no que se van encadeando as distintas persoaxes da historia.

E agora que estás aquí.. voute comer a tiiiii!!!!!!!

Deixámosvos unha adaptación do conto que fixeron no Cole de Cea.


mércores, 7 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: "LA VACA QUE SUBIÓ A UN ÁRBOL"

 Antes de comezar co conto, todos e todas dixeron... que nunca viran unha vaca nunha árbore... que como ía subir, que as patas non se dobran.... e un montón de cousas máis.


Este conto de Genma Merino, publicado por PICARONA  gustoulles moitíiiiiiiismo.

Conta a historia dunha vaca, Tina, que non é coma as demais, que lle gusta investigar, explorar e descubrir cousas novas... e de como conseguir as cousas que te propós...



venres, 2 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN... " EL BURRITO VERDE"

Este foi o conto co que inauguramos a "hora de ler" deste curso...
Cóntanos a historia dun "burrito" ó que so lle gusta comer herba... e tanta herba comeu... que...

Con este conto ademais de traballar as cores, e os distintos tipos de alimentos, tamén podemos traballar con eles e elas o importante que é ter unha alimentación variada...

Este conto gustoulle tanto á profe de Inglés , que tamén ela o traballou co alumnado.

Deixámosvos a ficha técnica deste conto:

"EL BURRITO VERDE" de Anuska Allepuz, publicado por Andana Editorial.




martes, 17 de marzo de 2020

8M: Contacontos con Uxía González Moran

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.


Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.



Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.



Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)


                         




E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!







domingo, 6 de outubro de 2019

SOMOS FANS DE "COCORICO"

O curso pasado para traballar as cores do Outono, traballamos a Cocorico.

Cocorico é un conto, da editorial OQO que nos gusta moito.

Cocorico é un pitiño moi inquedo e lambón...o curso pasado centrámonos na historia do "Gato Pelado". Pero este curso estamos descubrindo todas as súas aventuras...

Pero non é a única aventura deste pitiño á que OQO decidiu dar un formato audiovisual.

Acó vos quedan algunhas das aventuras de Cocorico:

 O QUE MÁIS NOS GUSTA: GATO PELADO:


POLOS PELOS


ADEUS CIGU


CARTEIRO:

luns, 19 de novembro de 2018

AS CORES DO OUTONO: COCORICO. AMARELO

Seguimos traballando as cores do outono. Desta volta comezamos a falar do amarelo. E para introducir a cor, nada mellor que ver o conto de COCORICO

O venres comezamos a ver esta historia , pero non nos deu tempo de rematala...



E tamén escoitaremos a canción do conto!!!!! 


A nosa versión de "Cocorico"

domingo, 14 de outubro de 2018

DINOSAURIO BELISARIO

A pasada semana contamos na clase dúas veces este conto da Editorial Kalandraka

Na páxina da editorial atopamos esta pequeno " resumo" do libro:
     "Belisario era un feroz dinosaurio verde, brando, gordo, enorme, e vestía un uniforme gris-marrón de militar que usaba para mandar.    
Belisario era o terror en todo o mundo arredor." 
Fonte da imaxe: http://www.kalandraka.com/ga
Resumindo:   Belisario era un "mandarica" que se portaba mal con todos os animais e facíalles  trasnadas...  Cría que era o máis poderoso do mundo... 
E chegou o día en que os animais se fartaron e decidiron non xogar con el ó parchis ( a Belisario encántalle xogar ó parchis)

A partir deste libro traballamos o feito de que non podemos impoñer ós demais o que nós queremos, ( hai que dialogar sempre)  e ademais hai que tratar ós demais con respecto para que nos traten a nós igual...
De como nos sentimos cando alguén non nos trata ben ou quere que fagamos algo que non nos gusta, e que da igual ser o máis poderoso do mundo, que se te portas mal cos demais... chegará o momento no que ninguén vai querer xogar contigo...

Se queredes saber algo máis sobre este conto en verso , premede aquí en FICHA TÉCNICA DO LIBRO .

martes, 18 de setembro de 2018

A VACA CONNIE

vaca Connie é un recurso moi bo para traballar na aula e na casa (tanto en ordenador, móbil ou tablet) para nenos e nenas de ED. Infantil
Connie quere resolver unha adiviña e  e teñen que ir atopando animais e ilos descartando.

Ademais ten 4  xogos moi sinxelos, nós polo de agora so imos xogar cos sons da granxa e coas coincidencias...

Déixovos o enlace para poder xogar coa Vaca Connie. Premede na imaxe!!!