domingo, 14 de outubro de 2018

DINOSAURIO BELISARIO

A pasada semana contamos na clase dúas veces este conto da Editorial Kalandraka

Na páxina da editorial atopamos esta pequeno " resumo" do libro:
     "Belisario era un feroz dinosaurio verde, brando, gordo, enorme, e vestía un uniforme gris-marrón de militar que usaba para mandar.    
Belisario era o terror en todo o mundo arredor." 
Fonte da imaxe: http://www.kalandraka.com/ga
Resumindo:   Belisario era un "mandarica" que se portaba mal con todos os animais e facíalles  trasnadas...  Cría que era o máis poderoso do mundo... 
E chegou o día en que os animais se fartaron e decidiron non xogar con el ó parchis ( a Belisario encántalle xogar ó parchis)

A partir deste libro traballamos o feito de que non podemos impoñer ós demais o que nós queremos, ( hai que dialogar sempre)  e ademais hai que tratar ós demais con respecto para que nos traten a nós igual...
De como nos sentimos cando alguén non nos trata ben ou quere que fagamos algo que non nos gusta, e que da igual ser o máis poderoso do mundo, que se te portas mal cos demais... chegará o momento no que ninguén vai querer xogar contigo...

Se queredes saber algo máis sobre este conto en verso , premede aquí en FICHA TÉCNICA DO LIBRO .

Ningún comentario:

Publicar un comentario