mércores, 24 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Onte no comedor tivemos unha festa "preinaugural" da nosa Biblioteca Escolar. O alumnado dos cursos máis altos preparou contos ou representacións teatrais para deleitarnos ó resto da escola.

Hoxe é o día das Bibliotecas Escolares, e ademais dunhas caixiñas con contos relacionados co Samaín, tamén imos ir á biblioteca do cole para que nos expliquen un pouco o funcionamento da mesma, e os libros que os nenos e nenas de ED. Infantil podemos coller.

Bo día das bibliotecas escolares!!!





Aquí vos queda o enlace ó vídeo que subiron ó facebook do centro co que fixemos o día 24 . Premede aquí 

Ningún comentario:

Publicar un comentario