venres, 22 de febreiro de 2019

ANIVERSARIOS DE ASIER, ALEJANDRO e TANIA

Hoxe celebramos os aniversarios do alumnado correspondentes ós meses de decembro, xaneiro e febreiro.
Os homenaxeados desta volta foron Asier, Alejandro e Tania.

Fixeron unha tarta riquísima, e os demais decoraron as súas coroas con "gomets" e ademais trouxeron un pequeno agasallo para cada un que lles encantou!!

Acó vos quedan unhas poucas fotos do día de hoxe:





martes, 19 de febreiro de 2019

OS NÚMEROS

Estamos traballando os números do 1 ó 5.

Comezamos, obviamente coa grafía do número 1, e agora estamos coa grafía do número 2.

Pero tamén estamos traballando as cantidades asociadas ós números do 1 ó 5. Facendo distintas actividades de asociación, conteo e equivalencias.

Miramos algúns vídeos relacionados co tema,o dos "patitos" gústanos moito.

Tamén escoitamos esta canción dos números de Sonárbore.



E non podía faltar a canción de Mamá Cabra sobre o mesmo tema: