Amosando publicacións coa etiqueta ABECEDARIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ABECEDARIO. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de marzo de 2020

REPASANDO O ABECEDARIO...

Este curso,  ademais de coñecer as letras dos nosos nomes,  estamos coñecendo outras letras coma
as dos días da semana, ou do vocabulario que estamos traballando...
( Especialmente dos Superheroes!!!!) 

Polo de agora estamos achegándonos ás letras  so en maiúscula,  para poder asociar as letras ós sons
( conciencia fonolóxica) na aula traballamos coas palabras relacionadas cos contidos que estamos a traballar.

Esta canción do Abecedario, gústanos moooito.




Déixovos un conto  , narrado pola fantástica contadora  Beatriz Montero no que hai animais
 para todas as letras, e rimas para todos os animais...




Para practicar podedes escribir os vosos nomes, e que vos axuden cos do resto da familia, buscar palabras que empecen pola inicial do voso nome, copiar algunha palabra, con axuda, ou escribir os nomes das cousas que tedes ó voso redor, facer listas de palabras que comecen por algunha letra ...

Premede na imaxe para poder ir ós distintos xogos do ABECEDARIO 

( a maioría están en "html" polo que seguramente dende un teléfono móbil non se poidan utilizar, recomendables dende un PC , portátil ou tablet)










E xa sabedes, con todas as cousas que tedes a man podedes aprender e repasar!!! 




luns, 16 de setembro de 2019

VOLTAMOS!!!

Despois dun verán para xogar, divertirse e descansar...
Voltamos ás aulas.
Para comezar déixovos unha das cancións que máis lles gustou o curso pasado:

A canción do ABECEDARIO.