Hoxe celebramos o Samaín no cole. Houbo exposición e concurso de monstros, tamén houbo xogos divertidísimos e dúas cancións para animar a festa, cun magnífico mestre de cerimonias que foi o profe Michel.
A nivel de aula houbo dúas actividades que quería resaltar.
A primeira que estes días estivemos escoitando a canción do Samaín de Paco Nogueiras
Aquí vos queda a canción por se a queredes escoitar :
E por outra banda contamos O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO.
No que o ratiño nos vai contando todas as cousas que lle asustan, lle dan medo ou lle producen desacougo.
Se queredes saber algo máis deste magnífico conto a nivel de texto e ilustración premede aquí.
Fonte: editorial PATASdePeixe |