domingo, 2 de decembro de 2018

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE

O pasado venres celebramos os aniversarios correspondentes ó alumnado que cumpriu 3 anos en setembro, outubro ou novembro.
Así, foi o día de Yaiza, Carlos, Juan e Ángel.

Os homenaxeados fixeron unha torta coa axuda das profes que quedou espectacular.
Cantámoslles , felicitámolos e comemos torta e "gusanitos".

As mamás destes alumnos foron as encargadas de mercar os ingredientes necesarios para elaborar a torta, e ademais mercáronlle un agasallo para cada un dos nenos e nenas da clase. Que lles encantou!!!!

Pasárono xenial.  Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento:


 

PARABÉNS!!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario