domingo, 25 de outubro de 2020

CODE WEEK: XOGANDO COS LEDS EN EDUCACIÓN INFANTIL







 Nestas datas celébrase a semana da programación, unha escolma de actividades relacionadas coa programación ( robótica, STEAM, scratch, actividades desconectadas..) compoñen un mapa por toda Europa.

Alumnado de todas as idades e diferentes países conflúe nestas datas ( e posteriores) nun mapa de actividades.

Na clase de 5 anos tamén participamos, con dúas actividades, unha que xa estamos desenvolvendo: "Xogando cos LEDs en ED. Infantil" (se premedes poderedes ver a nosa actividade no mapa)

E outra relacionada coa robótica e os escornabots, que desenvolveremos posteriormente.


Coa actividade "xogando cos LEDs en ED. Infantil" pretendemos que o alumnado se familiarice con este material, entenda como acender un led cunha pila de botón ( esta parte potencia a súa motricidade fina, e ademais encantoulles) e por outra banda introducimos o concepto positivo ( +) e negativo(-)


Encantoulles poder acender eles sos un led, e alumar...



      


Para que o a enerxía flúa precisamos que todo estea colocado correctamente, o positivo
 co positivo(+)  e o negativo o negativo (-).

Despois de iniciarnos , fixemos un pequeno circuito con fío de cobre para que entenderan que é coma a luz da aula, que se acende e se apaga co interruptor, que fai que a electricidade flúa ata o seu destino.





Foi unha actividade totalmente gratificante para eles e elas. Traballamos a atención, a motricidade fina, razoamento lóxico... 

Ademais na casa, tamén houbo quen elaborou o seu propio circuito para acender unha bombilla e tróuxoo á clase para ensinarnos e explicarnos como o fixo con axuda de papá!! .



Seguiremos informando!!





mércores, 14 de outubro de 2020

Estamos no outono..

Aquí vos queda un dos vídeos que máis nos gusta mirar no outono..



E tamén dúas das cancións relacionadas coa estación na que estamos, que escoitamos en clase:


O OUTONO XA SE ACERCA 




O OUTONO- UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA 


sábado, 10 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: " O GATO LAMBÓN"

  Este é outro dos contos protagonistas da nosa "hora de ler"  .

"O gato lambón" é un libro de Oliveiro Dumas, publicado por Kalandraka .

Cóntanos a historia dun gato , moi moi moi lambón que come todo o que atopa no seu camiño.

É un conto "sumativo", no que se van encadeando as distintas persoaxes da historia.

E agora que estás aquí.. voute comer a tiiiii!!!!!!!

Deixámosvos unha adaptación do conto que fixeron no Cole de Cea.


mércores, 7 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN: "LA VACA QUE SUBIÓ A UN ÁRBOL"

 Antes de comezar co conto, todos e todas dixeron... que nunca viran unha vaca nunha árbore... que como ía subir, que as patas non se dobran.... e un montón de cousas máis.


Este conto de Genma Merino, publicado por PICARONA  gustoulles moitíiiiiiiismo.

Conta a historia dunha vaca, Tina, que non é coma as demais, que lle gusta investigar, explorar e descubrir cousas novas... e de como conseguir as cousas que te propós...



venres, 2 de outubro de 2020

CONTOS QUE CONTAN... " EL BURRITO VERDE"

Este foi o conto co que inauguramos a "hora de ler" deste curso...
Cóntanos a historia dun "burrito" ó que so lle gusta comer herba... e tanta herba comeu... que...

Con este conto ademais de traballar as cores, e os distintos tipos de alimentos, tamén podemos traballar con eles e elas o importante que é ter unha alimentación variada...

Este conto gustoulle tanto á profe de Inglés , que tamén ela o traballou co alumnado.

Deixámosvos a ficha técnica deste conto:

"EL BURRITO VERDE" de Anuska Allepuz, publicado por Andana Editorial.