luns, 20 de abril de 2020

CONSELLOS PARA TRABALLAR COAS MAIÚSCULAS


Unhas pequenas recomendacións se estades traballando as letras cos vosos fillos e fillas.




É importante tamén que collan ben o lapis, eles xa saben , como fan os "paxariños"

E aquí vos quedan 4 fichas moi moi básicas ( en branco e negro),
para que vos fagades unha pequena idea,
podedes imprimilas ou simplemente facer vós a vosa versión.
Pintar o debuxo,  e polo outro lado escribir palabras que comecen por esa letra, para facer listas.
Se pode ser que debuxen algo que comece por esa letra..
Premede para ir ó documento PDF:

PROPOSTA SEMANAL

Aquí vos deixamos a proposta de traballo para ED. Infantil  desta semana ,do 20 ó 26 de abril

Premede na imaxe para ir á proposta ( arquivo PDF)




ÁNIMO!!!

martes, 14 de abril de 2020

Con motivo da celebración do día do LIBRO o próximo día 23 de ABRIL , dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos propoñervos unha actividade para que participedes todos e todas:  profesorado, alumnado e familias. 



Podedes ser creativos/as e botarlle imaxinación e o formato que queirades, ou se preferides, adxuntamos dous modelos :

 Un para ED. INFANTIL e 1º e 2º de Primaria:  premede  AQUÍ!

Outro para 3º, 4º, 5, 6º e adultos: premede AQUÍ! 

Animádevos a participar. Tedes ata o día 23 de abril. GRAZAS!!!!!







luns, 13 de abril de 2020

PROPOSTA SEMANAL DE ED. INFANTIL

Aquí tedes unha "proposta de traballo semanal" para o alumnado de ED. INFANTIL.

Como podedes observar no arquivo PDF, tedes actividades  do máis variado e para todas as áreas.

Agardamos que vos gusten e que desfrutedes delas en familia.

Un saúdo e unha aperta das mestras do ciclo de ED. Infantil.

PREMEDE NA IMAXE E LEVARAVOS Ó PDF COAS PROPOSTAS.


ÁNIMO!!

mércores, 1 de abril de 2020

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL AUTISMO


Este ano , baixo o lema: " Podo Aprender. Podo Traballar"



Dende o colexio decidimos sumarnos a esta conmemoración, compartindo e participando  nesta iniciativa proposta dende ARASAAC




ACTUALIZACIÓN: ALGUNHAS FAMILIAS ENVIÁRONNOS FOTOS DOS SEUS PAPAVENTOS E DOS SEUS MURAIS: