sábado, 14 de decembro de 2019

XUVE E O NADAL: NEVADIÑOS DE NADAL

Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!

Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...

O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.

Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.

Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.

Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!



XUVE E O NADAL: QUIVER

Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.

A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.

No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...

Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!

Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.



mércores, 4 de decembro de 2019

XUVE E O NADAL

Xuve deixounos unha mensaxe para o alumnado de ED. INFANTIL


  

Propúxonos decorar o colexio coa nosa axuda, cun xogo, un "calendario de Advento" cada día abriremos o o sobre correspondente, e pode que teña mensaxe ou non. Sorpresaaa!!!

Polo de agora deixounos unhas bolas para pintar e decorar unha árbore, tamén nos deixou unha mensaxe polo día Internacional da Discapacidade ( que foi onte) e hoxe deixounos unha panxoliña para bailar... e así o fixemos todos xuntos na Biblioteca do cole primeiro, e na aula de psicomotricidade despois!!!! 

ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

O pasado venres celebramos os aniversarios de CARLOS, YAIZA E ÁNGEL.

Os máis pequechos da clase, que cumpriron os 4 anos nos meses de setembro, outubro e novembro.

Fixeron unha torta que estaba riquísima, mentres o resto da clase decoraba as súas coroas con "gomets"

Deron boa conta da torta, dos "gusanitos" e ademais trouxeron un pequeno agasallo para cada un dos nenos e nenas da clase. 

Pasárono xenial. Moitos parabéns para eles..



E aquí vos quedan unhas poucas fotos do evento: