En ED. Infantil imos facer un PDI (Proxecto Documental Integrado) en relación ó día das ARTES GALEGAS 2019
Para introducir o tema, o primeiro que temos que facer é saber que é un museo.
Para iso, despois de preguntar se alguén sabía que era e non obter moita seguridade na resposta visionamos dous vídeos:
E por último esta pequena presentación elaborada por nós cunhas pequenas nocións do que podemos atopar nun museo:
Para comezar esta actividade conxunta, tivemos unha sesión as tres aulas, na biblioteca do centro, na que falamos, compartimos as nosas impresións previas e tentamos explicar : que é un museo.. que podemos atopar nel... dun xeito divertido.