luns, 19 de novembro de 2018

AS CORES DO OUTONO: COCORICO. AMARELO

Seguimos traballando as cores do outono. Desta volta comezamos a falar do amarelo. E para introducir a cor, nada mellor que ver o conto de COCORICO

O venres comezamos a ver esta historia , pero non nos deu tempo de rematala...



E tamén escoitaremos a canción do conto!!!!! 


A nosa versión de "Cocorico"

mércores, 7 de novembro de 2018

ACTIVIDADES LIM: XA ESTAMOS NO OUTONO!

Seguimos traballando o tema do outono, e hoxe xogamos con este xogo LIM, que compartiron dende a Escola de Barciela .
 AÍnda que algunhas cousas son un pouco complicadas para nós, os puzzles e xogos de parellas si somos capaces de facelos na pizarra dixital. ( E encántanos) 

Acó vos queda o enlace por se queredes practicar  e xogar na casa:



luns, 5 de novembro de 2018

CORES DO OUTONO: CHOCOLATA

Aproxímase o magosto, tempo de castañas... que son marróns.. unha das cores do outono.

Esta semana imos traballar un pouco sobre a cor marrón, sobre o magosto, as castañas, as follas... e hoxe para introducirnos na materia miramos o conto de CHOCOLATA , unha hipopótama grande e de cor  marrón á que lle apeteceu ir dar un paseo pola cidade xa que descubriu que hai unha casa de baño que pode estar moi ben... ou iso cre ela...




E acó vos queda a canción do conto: 

xoves, 1 de novembro de 2018

SAMAÍN: CORRE CORRE , CABACIÑA

Onte visionamos o vídeo deste conto. Xa que era o día do Samaín e ademais estamos traballando a cor laranxa, os froitos do outono, e en especial as cabazas.

O conto de "Corre corre, Cabaciña" (premede no título  se queredes ver a ficha técnica) é moi axeitado e divertido para estas datas e para ED. INFANTIL.
Aquí vos queda o enlace o conto por se o queredes ver na casa con eles e elas outra vez:

                  


Tamén vos deixo a canción do conto: